XOGA
Para promover o galego nas artes
A motivación principal na fundación de XOGA foi a promoción do idioma galego nas artes e a creación de oportunidades para intérpretes e creadores de diferentes disciplinas artísticas.
Os nosos obxectivos principais son:
- - Promover o galego e outras linguas minoritarias en distintas disciplinas artísticas
- - Promover as obras daqueles artistas menos visibilizados
- - Axudar a creación e a promoción da música contemporánea
- - Crear, contar e compartir historias engaiolantes cunha amplia e variada audiencia
- - Facer que a ópera teña un papel significativo no século XXI
- - Ser artistas comprometidas co mundo e co planeta
- - Convencer, inspirar e entusiasmar outros artistas para que compartan os nosos obxectivos
XOGA
do Latin iocari
Moitos outros idiomas refírense a facer música co mesmo verbo que usan para "xogar". Por exemplo, en inglés podes xogar ás agachadas e "xogar a pandeireta".
As linguas da península ibérica cando usan un instrumento musical din que o "tocan"... Obviamente, a non ser que che de polo theremin, precisas tocar o teu instrumento para facelo soar... e onde queda esoutro significado que implica a diversión? onde queda o xogo?
Quixemos adoptar esa sutileza xoguetona que engaden os idiomas xermánicos e aínda que seguiremos tocando os nosos instrumentos tamén queremos xogar!
XOGA CON NÓS!