Omnibus Theatre

WOMEN'S VOICES

 

 

Ven celebrar con nós a voz de mulleres singulares nas artes. Co gallo do 250 aniversario do nacimento da compositora e pianista Clara Schumann, esta segunda actuación de XOGA no Omnibus Theatre mostra o traballo de mulleres poetas e compositoras para honrar voces do pasado e do presente.

 

Tras o proxecto de ópera e lied de XOGA no 2018, Shakespearean Couples, a Directora Artística Tamara Lorenzo Gabeiras regresa ao Omnibus cun grupo que encherá a tarde de música e poesía. O programa inclúe obras de mulleres compositoras entre elas o trío con piano de Clara Schumann así como lecturas de poemas de mulleres escritoras, seguido de rogos e preguntas e a oportunidade de falar coas intérpretes.

 


“Women Voices” recórdanos as dificultades ás que o talento feminino tivo que facer fronte ao longo da historia e pon o foco de atención nalgunhas orixinais e poderosas voces que foron, e quizais aínda son, minorizadas nas artes.

 

XOGA quere axudar a preservar a súa memoria e ser unha platforma para a promoción de futuros talentos.

 

 

CRÉDITOS

Música | Clara Schumann e outras a determinar

Textos | Por determinar

 

 

INTÉRPRETES

Poeta | Alba Cid

Violín | Valerie Clare Sanders

Violonchelo | Sarah Berger

Piano | Tamara Lorenzo Gabeiras

 

 

DURACIÓN

Dúas partes de 45 minutos cunha pausa de 20 minutos.

 

 

DATA

Londres, 27 Outubro 2019 | 7:30pm