O Arame | ESTREA NO REINO UNIDO

XUÑO 2017

Créditos teaser: Camille Jetzer

SINOPSE


Dous artistas ambulantes na fin das súas vidas camiñan cara a unha “Fisterra”. O funambulista Labarta quere seguir adiante mentres que Gloria coa súa pandeireta está a cuestionar o sentido do seu espectáculo conxunto e quizais de moito máis ca iso. Serán invitados por dúas figuras ilusorias – que pode que sexan un reflexo deles mesmos- a asomarse ao outro lado da duna. Detrás da duna está o mar.

É este o comezo ou a fin?

“A pregunta do que é a morte latexa no fondo da obra pero non é o seu tema. O tema é a evolución, a transformación…”
(Manuel Lourenzo)

CRÉDITOS


Música | Juan Durán

Texto | Manuel Lourenzo

Directora | Cecilia Stinton

Coreógrafo | Fran Mangiacasale

Dirección musical | Tamara Lorenzo Gabeiras

ELENCO


Gloria | Lorena Paz Nieto

Labarta | Malachy Frame

Figuras Ilusorias | Mary Sol Martín del Castillo e Fran Mangiacasale

Conxunto | Valerie Clare Sanders, Victoria Jerico, Adriana Cristea, Claudia Sanson (violíns); Anastasia Sofina, Rachel Maxey (violas); Mike Grittani, Sarah Berger (chelos); Paloma Vallecillo (baixo); Laura Cioffi (frauta); Felicity Cliffe (oboe); Ángel Sánchez (clarinete); Tom Moss (fagot); Derryck Nasib (trompa); Tamara Lorenzo Gabeiras (piano). London performance: Ana do Vale (violín); Jordi Morell, Helena Sánchez Díaz (violas); Mike Newman (chelo); Gwen Reed (baixo); Mireia González Ricart (oboe); Finan Jones (fagot); Sabrina Pullen (trompa).

LINGUA


Cantada en galego con subtítulos en inglés proxectados sobre a escena.

 

DURACIÓN


Un acto. A representación dura ó redor dunha hora.

 

DATAS


Oxford, 10 de xuño do 2017 | 19:30h

Londres, 26 de xuño de 2017 | 13:30h

 

 

LUGARES


Grove Auditorium | Magdalen College | Oxford | OX1 4AU | Reino Unido

The Tabernacle | 34-35 Powis Square | London | W11 2AY | Reino Unido

 

MANUEL LOURENZO FALA SOBRE ‘O ARAME’



 

Unha coprodución co The John Rutherford Centre for Galician Studies (The Queen’s College, Universidade de Oxford).

logo-estudos-galegos-oxford